martes, 6 de julio de 2010

RUTA SUBIDA MONTE PINDO

Boas tardes,
O prometido... Mándovos a ruta que andivemos o sábado, e o paseo marítimo do domingo (os da primeira tandada) para ver có Google Earth.Axúntovos unha captura de pantalla da ruta feita co Google earth, ainda que o realmente interesante e que a vexades vos mesmos co Google Earth (a última versión está en: http://earth.google.es/). Con ela podedes abrir os arquivos KML que vos mando. O recorrido largo, según o meu GPS foi de casi 12 Km. Inda que pode ser algo máis porque o GPS tende a usar o tiraliñas (traza a traxectoria con tramiños rectos) a medida da distancia e bastante boa (teóricamente usa datos de lonxitude, latitude e altura). O que non lle quita valor ó dato do podómetro (20 Km). Pódese decir que foron 12 Km, con un esforzo equivalente a percorrer 20Km por carretera, con subidas e baixadas (en chan serían mais). Co Google Earth podedes ver que a veces a ruta vai paralela ó camiño, non polo camiño. Eso son erros do posicionamento xeográfico. En calquera caso sigue relativamente ben o percorrido do camiño. Por certo, as fotos que aparecen no google earth non as puxen eu...
Felicitarvos outra vez pola organización.
Un saudo, José Saá

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NOVAS NO PINDO

NOVAS
XA ESTA A PREPARARSE O ENTROIDO 2011

22/02/2011