lunes, 1 de febrero de 2010

PROGRAMA ENTROIDO 2010

ESTE E O PROGRAMA
CARTEL DO ENTROIDO2010
EN
O PINDO
O 13 e o 14 non deixedes de ir O PINDO



Vista a afluencia de persoas no entroido do ano pasado, decidimos ser continuistas encanto a programación e actos, deste xeito comenzaremos o sábado dia 13 a partires das 5 da tarde co desfile da carroza pola rúa, para que continuación na plaza o desfile o fagan as estrelas de Hollywood coas súas peliculas e respectivas bandas sonoras.

A continuación como non podía ser doutra maneira , deleitaremos a todos os asistentes cos manxares desta época
“ orellas e filloas”, para rematar a xornada co sorteo dun “ xamón pata negra”.

O Domingo 14 a partires das 5 da tarde organizaremos un concurso de disfraces para nenos ( sin previa inscripción) con premios para os tres mellores disfraces e agasallos para todos os participantes.

De seguido un acto de moita importancia; “por fin se vai inaugurar o paseo maritimo do Pindo”, as personalidades encargadas de facelo son da máxima relevancia e de primerisimo nivel, Obama, Zapatero, Rajoy e Rouco Varela; haber si se poñen dacordo e son capaces de inauguralo.
A xornada remataremola coa tradicional queima do boneco “ o demarras” despedindo o entroido ata o ano que ven.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NOVAS NO PINDO

NOVAS
XA ESTA A PREPARARSE O ENTROIDO 2011

22/02/2011