lunes, 4 de mayo de 2009

NOTA DE PRENSA

A.R.D.C. PEDRAMAR DO PINDO

I ENCONTRO MONTE PINDO
(SENDERISMO , HISTORIA, CULTURA, GRASTRONOMIA, MUSICA)


Coa intención de seguir traballando por o desenvolvemento e desenrrolo do noso pobo e da bisbarra en xeral, os vindeiros 3,4 , e 5 de Xulio organizamos o “ I Encontro Monte Pindo – Senderismo , historia, musica e gastronomía da zona-.

Dende a Asociacion pensamos que o noso monte e o activo mais grande que temos o cal nos ofrece: rutas senderistas, espectaculares vistas o fin da terra, historia , lendas etc….

Sendo estes os principales motivos da organización deste proxecto:

-Poñer en coñecemento e que non caian no olvido a historia e lendas do noso monte
-Promocion do senderismo no Monte Pindo
-Potenciacion do Monte Pindo como patrimonio natural da nosa bisbarra
-Potenciacion do turismo no noso pobo e concello de Carnota.

Naturalmente as actividades a realizar son un reflexo do dito anteriormente

Venres 3: apertura e benvida do encontro con pinchos , intervención do historiador e presidente da Real Academia da Lingua Galega D. Xosé Ramon Barreiro Fernadez e
entrega de acreditacións para asistir as actividades

Sabado 4 : subida a moa con guia ( explicando a historia e lendas ), pinic arriba no cumio, o baixar exposición fotografica (paraxes do Monte Pindo e da costa en xeral )
e para rematar sardiñada, empanadas e queimada coa actuación dun grupo folck

Domingo 5:saida pola maña coa visita o fornelo e logo cara o Ezaro para visitar o museo da electicidade,a cascada e mirador,clausura e despedida o mediodia cunha comida na casa de pedra do mesmo lugar


NOTA: Organiza A.R.D.C.. Pedramar do Pindo

Colaboran Concello de Carnota
Concello de Dumbria
Neria

1 comentario:

  1. Unha boa iniciativa. A ver si hay sorte e se pode ir

    ResponderEliminar

NOVAS NO PINDO

NOVAS
XA ESTA A PREPARARSE O ENTROIDO 2011

22/02/2011